Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Asamblea da COCEDER en Lodoselo

Os días 25 e 26 de xuño celebrouse en Lodoselo (Sarreaus), nos locais do C.D.R. "O Viso", a XI Asamblea Xeral Ordinaria de COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural). Neste artigo Antonio R. Corbal explícanos os obxectivos destas organizacións e o que alí aconteceu.

- 18:21 07/07/2001
Tags:

COCEDER é unha Organización Non Gubernamental (ONG) formada por un conxunto de Centros de Desenvolvemento Rural (CDR), con recoñecemento legal y sen fins de lucro, que gozan de plena independencia na súa actuación e están ubicados no medio rural cun proxecto definido de desenvolvemento integral.

Con sede en Valladolid están na actualidade confederados centros das seguintes Comunidades Autónomas: Aragón, A Rioxa, Asturias, Cantabria, Castilla e León e Valencia e Galicia.

Estos CDR(s) queren:

  • Ser Centros de iniciativas tendentes a impulsar e canalizar accións conxuntas coa Administración e outras entidades, para a promoción social, educativa e económica do medio rural.
  • Traballar con colectivos especialmente desfavorecidos para propiciar un desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida.
  • Impulsar a participación e o desenvolvemento de todos os membros da comunidade: infancia, mozos/as, homes e mulleres, maiores, persoas con minusvalías e outros colectivos en situación de marxinación social.
  • Promover recursos e equipamentos sociais que posibiliten a atención dos distintos colecivos sociais dos nosos pobos.
Entre os puntos que figuraban na orde do día desta asamblea estiveron: plan de traballo da Xunta Directiva , contas anuais e presuposto, coñecer in situ a tarefa do CDR "O Viso", petición de subvencións, diversas informacións (iniciativa comunitaria EQUAL, Consello estatal de ONGs de Acción Social, Plataforma estatal de ONGs de Acción Social, Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social), etc.

En Novembro do ano 1995 xa tivera lugar neste mesmo escenario outra xuntanza deste tipo para contribuír á formación permanente dos profesionais dos distintos CDR's, para coordenarse unificando criterios de actuación e respectando as singularidades de cada un deles e para coñecer os recursos europeos ós que os CDRs podían acceder.

Nestos centros traballamos:
  • Dende o coñecemento da situación da zona.
  • Detectando as potencialidades e os problemas, que determinan las líneas de acción a seguir
  • Incidindo en distintos campos: Educación, Servicios Sociais, Formación Profesional, Formación Ocupacional, Medio Ambiente, Promoción Socioeconómica, etc...según as necesidades dos diferentes sectores da población.
  • Promovendo a participación activa da población local mediante a cooperación e o voluntariado social.
  • Colaborando cos Concellos dos nosos pobos e con todas aquelas institucións ou entidades, públicas e/uo privadas, que traballan no medio rural.
En nome do CDR O Viso: Antonio R. Corbal 23.6.01


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: