O 23 de xullo de 2005 unha bomba estouraba nunha oficina bancaria do centro de Santiago de Compostela. Pouco despois eran detidos varios militantes da Assambleia da Mocidade Independentista (AMI). Dous deles, Ugío Caamanho e Giana Rodrigues, continúan presos á espera de xuízo. Dezasete meses despois sae á luz un breve documental realizado por estudantes de Imaxe e Son.
Os autores do vídeo titulado "Medios, realidades e represión" analizan as consecuencias daqueles días e como influiron no movemento independentista xuvenil. Os entrevistados conclúen que a operación policial daqueles días tiña como fin criminalizar a toda unha organización política por uns feitos que, en todo caso, serían de carácter individual.