Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PROL DE QUE A IGREXA LOGRE POR SI MESMA OS RECURSOS QUE PRECISA

Máis de 60 mil cidadáns asinaron a campaña contra o Concordarto

Non entrara aínda oficialmente en vigor a actual Constitución cando hai máis de vintecinco anos se asinaba o Concordato que regulamenta a relación entre a Igrexa católica e o Estado español. Esa situación de privilexio, inédita na UE, inclúe a exención á Igrexa de pagar polas súas posesións inmobiliarias, IVE, IRPF e apañar cartos de xeito directo nun casilleiro da declaración da renda. O último ano os orzamentos estatais cubriron con máis de cincuenta millóns de euros que os fieis lle escatimaron, ademais de gastar arredor de 500 millóns para pagarlle ao profesorado de relixión na escola pública e destinarlle dous mil millóns aos concertos con diversos colexios rexidos por ordes relixiosas.

- 10:08 30/11/2005
Tags:

A Igrexa presionara na transición para que a Constitución non definise o Estado coma laico, definición que logo quedou en "aconfesional" e que permitiría o arranxo de posteriores privilexios do goberno cara ao Vaticano. Así e todo, esa condición de estado aconfesional "onde existe liberdade de culto e os acordos estatais deben estar suxeitos a esa realidade constitucional", é argumento agora para a campaña que esixe a revisión deses acordos internacionais, asinados unha semana antes da entrada en vigor da propia Constitución.

"A Igrexa, igual ca o resto de organizacións relixiosas, ten que lograr por si mesma recursos abondo para a atención das súas necesidades", piden a través dunha campaña na que, só en internet, xa asinaron máis de 60 mil persoas, "reclamamos tamén a normalización das achegas tributarias ás arcas do Estado por parte da Igrexa e dos seus empregados".

Contámoslles de paso que o Congreso dos Deputados rexeitou este martes unha moción que presentara Esquerda Verde pedíndolle ao goberno a revisión do concordato e o peche dos privilexios da billa estatal para a Igrexa.

Anteriores:

  • Educación gastará máis de 300 millóns de euros en sentencias xudiciais a prol dos profesores de relixión
  • Campaña a prol da revisión do concordato entre o Estado español e o Vaticano


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: