Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial

Os candidatos á presidencia

Alberto Núñez Feijoo

Ourense, 10 de setembro de 1961.
Na actualidade é presidente do Partido Popular de Galicia.
Tomou o relevo de Manuel Fraga á fronte do partido despois de ser vicepresidente durante a última etapa do PP no Goberno.


Alberto Núñez Feijoo medrou e foi á escola os primeiros anos no lugar ourensá d'Os Peares. Posteriormente, obtivo a licenciatura de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

No seu momento entrou en política coa beizón directa de Xosé Manuel Romay Becaría, quen durante a súa etapa á fronte da consellaría de Sanidade, nomeouno como secretario xeral da consellería e secretario xeral do Sergas. Da man do propio Romay, cando este obtivo o cargo de ministro de Sanidade, accedeu ao primeiro goberno Aznar como presidente executivo do Insalud, ano 1996. Posteriormente, seguiría en Madrid como director xeral de Correos y Telégrafos. A súa traxectoria inclúe a representación en diversos consellos de administración, incluídos por exemplo dos da Empresa Estatal de Autoestradas (ENA), privatizada durante o goberno Aznar, o Instituto Galego de Medicina Técnica, a Fábrica de Moneda y Timbre, Chronopost Express, International Post Corporation ou Paradores de Turismo.

Volveu á area política galega en 2003 pola porta grande, cando despois da saída de Xosé Cuíña do Goberno, Fraga concedeulle o liderado da daquela denominada Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Un ano máis tarde, o entón líder do PP en Galiza nomeábao vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, inédita decisión dun Fraga que nunca lle outorgara tal cargo a ninguén, colocándoo á fronte da carreira sucesoria que xa se debuxaba nos corredores internos do PPdeG, e onde compartiría o cargo de vicepresidente co lugués Xosé Manuel Barreiro, rival posterior na loita polo liderado post-Fraga.

Na campaña electoral de 2005, Núñez Feijoo encabezou a lista electoral pola circunscrición de Pontevedra e foi de feito a imaxe mediática do seu partido en actos, e mesmo debates electorais cos líderes das outras formacións políticas, nos que Fraga renunciou a estar presente. No tirapuxa aberto despois da perda do poder na Xunta en xuño de 2005, Feijoo competiu con Xosé Cuíña, Xosé Manuel Barreiro e Henrique López Veiga, polo liderado do partido, saíndo vencedor como novo presidente do PPdeG.
Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.