O PP obtería entre 35 e 38 deputados, o PSdeG-PSOE entre 22 e 27 e o BNG entre 12 e 16. Tres enquisas abren a posibilidade dunha maioría absoluta popular.
Este domingo publícanse dez enquisas de intención de voto para as eleccións do 1 de marzo. Todas as sondaxes amosan un escenario moi semellante ao de 2005, co PP ás portas da maioría absoluta, aínda que cunha leve tendencia á baixa, e con socialistas e nacionalistas subindo moi lixeiramente. Só hai tres xornais que ofrezan a posibilidade dunha maioría absoluta popular: La Región, El Mundo e ABC, e ambos os dous fano só na parte alta do abano de resultados. No resto, o PP perdería entre un e dous escanos. O partido de Emilio Pérez Touriño sobe entre un e dous escanos en case todas as sondaxes, aínda que as enquisas de ABC e Xornal prevén un descenso para os socialistas. Os resultados para o BNG varían máis duns medios a outros, dende o ascenso de tres escanos que proxecta o Xornal, aos levas descensos que apuntan El País ou El Mundo.
En realidade, este arco de resultados (PP 35-38, PSOE 22-27 e BNG 12-16) é moi semellante ao que ofrecían as enquisas da derradeira fin de semana de campaña en 2005, que prognosticaban que o PP obtería entre 34 e 39, o PSOE entre 23 e 27 e o BNG entre 12 e 16.
En canto ás restantes forzas políticas, as enquisas só mencionan a Terra Galega, a quen a enquisa de La Voz outorga un 3.5% pola Coruña (insuficiente para obter un escano pola barreira do 5%), UPyD cun 3% nesta mesma provincia nesta sondaxe, e ao redor do 1% en Pontevedra, e Esquerda Unida, que obtería o 2% pola Coruña.
La Voz de Galicia (Sondaxe)
PP 36
PSOE 26
BNG 13
El Correo Gallego (Anova)
PP 35-37
PSOE 24-25
BNG 14-15
Faro de Vigo/ La Opinión (Ipsos)
PP 35-36
PSOE 26-27
BNG 13-14
ABC (DYM)
PP 37-38
PSOE 22-23
BNG 15-16
El País (Metroscopia)
PP 36
PSOE 26-27
BNG 12-14
Xornal (Quadernas)
PP 35-36
PSOE 24
BNG 15-16
Público (Obradoiro de Socioloxía)
PP 36-37
PSOE 23-24
BNG 14-16
El Mundo (Sigma 2)
PP 36-38
PSOE 25-26
BNG 12-13
La Vanguardia (Noxa)
PP 35-37
PSOE 24-26
BNG 13-15
El Progreso (Obradoiro de Socioloxía)
PP 35-36
PSOE 25-26
BNG 14
La Región (Infortécnica)
PP 37-38
PSOE 24-25
BNG 13
Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.