Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial
Xan María Castro

"Cómpren políticas máis incisivas, maior axilidade e máis cohesión no Goberno"

O secretario xeral de CCOO-Galicia, quen anunciou xa que non se presentará á reelección no próximo congreso da formación sindical, reflexiona ao respecto das prioridades do Goberno que saia das urnas.

Redacción - 18:15 05/02/2009
Xan María Castro, secretario xeral de CCOO-Galicia

Xan María Castro, secretario xeral de CCOO-Galicia

"Hai que ser conscientes de que a crise vai ser duradeira, e iso implica tela no primeiro plano desde o 2M para o goberno que saia das urnas. Esa será a gran prioridade.

Nese sentido, penso que o executivo deberá ser máis incisivo e intenso nas políticas a deseñar e desenvolver ao respecto dos ritmos da etapa anterior. Estratexias como a do acordo de competitividade, que non tivo tempo aínda de aplicarse, serán clave á hora de despregarse. Nós pensamos que permitirá afrontar mellor o escenario actual e garantir unha protección máis ampla para algúns dos sectores máis débiles do país, evitando o peche de empresas nun momento tan crítico, sobre todo en sectores como o da automoción, a pizarra ou o téxtil. Creo por iso, que é certo que se foi polo bo camiño, pero con retraso. Por iso vai ser fundamental a axilidade á hora de fornecer o contexto económico de iniciativas que eviten a destrución de emprego.

Outra cuestión de importancia é a reforma do Estatuto. É unha clave a ter en conta polo Goberno que saia das urnas. En tempo de crise é necesaria a responsabilidade, e esta é claro que constitúe unha prioridade non só para o Executivo senón tamén para a oposición.

Por outro lado, en tempo de crise, desde CCOO-Galicia insistiremos ademais en que se mire polo reforzo dos servizos públicos. Deben estar en liña coa necesidade de cohesión social e o reforzo dos servizos ao cidadán.

En último término, sinalarei que, partindo da base de que prognostico que o actual bipartito vai repetir, cousa que considero desexábel, deben ser conscientes as formacións que actualmente o integran de que hai moitas cousas pendentes nesta lexislatura que remata. E será clave para que cheguen a bo fin, no sentido de garantir ese aumento de intensidade ao que me refería, que sexan capaces de aumentar o grao de cohesión que as dúas forzas políticas ofreceron, aumentando os seus niveis de colaboración".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:


Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.