Vieiros

Vieiros de meu Perfil


25/Marzo/2009 /

Sete candidatos galegos nos premios do Saló do Cómic de Barcelona

Jacobo Fernández, David Rubín, BD Banda, e os fanzines Carne líquida e Condorito muerto optan aos galardóns, así como o álbum 'As serpes cegas'.


21/Abril/2008 /

O Salón do Cómic de Barcelona declara a Galiza "convidada de honra" para 2009

Os autores galegos recibiron tres dos premios do público, mais apenas un dos outorgados polo xurado: 'Fanzine Enfermo' como mellor fanzine do 2007.


21/Abril/2007 /

Éxito galego no Salón do Cómic de Barcelona

O Gran Premio en recoñecemento á traxectoria profesional foi para Miguelanxo Prado, David Rubín levou o premio ao Autor revelación do 2006 e a revista Barsowia do colectivo Polaqia foi escollida por segundo ano consecutivo como mellor fanzine. Máis información no canal Máis Alá.


21/Abril/2007 /

Prado, Rubín e Polaqia, premiados no Salón do Cómic de Barcelona

Miguelanxo Prado levou o Gran Premio en recoñecemento á súa traxectoria profesional.


6/Xuño/2006 /

Miguelanxo Prado, BD Banda e Kiko da Silva recuncan na Feira do Cómic de Barcelona

A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado acadou dous premios na edición do ano pasado ao mellor guión e ao mellor autor, por iso se lle dedica este ano unha das exposicións principais da feira. Prado, todo un clásico da BD, é un dos autores convidados deste ano. O sábado participa nunha mesa redonda e o domingo asina os seus álbums. Tamén recuncan nesta edición, con stand propio, o fanzine BD Banda e mais o seu director, o prolífico Kiko da Silva.


3/Maio/2006 /

David Rubín e o fanzine Barsowia nominados aos Premios do Saló do Cómic de Barcelona

A banda deseñada galega mantén a súa presenza nos Premios do Saló do Cómic Internacional de Barcelona. Desta vez son David Rubín e máis o fanzine "Barsowia" os nominados que poden seguir a estela deixada o ano pasado por Miguelanxo Prado e o fanzine BD Banda, quenes tamén presentarán as súas respectivas exposicións nesta edición da feira.



Buscador