Caderno da Revolución Cultural
Redacción - 10/07/2007 18:33 - visitas
Xavier Queipo, quen de cando en vez nos agasalla cos seus artigos polas páxinas de Vieiros e que regularmente tamén colabora co Diario Cultural, na Radio Galega, presentou este martes a escolma
Caderno da Revolución Cultural, publicado por Laiovento.
Estiveron no acto, celebrado na Facultade de Ciencias da Comunicación, o profesor, xornalista e poeta Manuel Outeiriño; Francisco Pillado, editor; Ana Romaní, do Diario Cultural; Xurxo Souto, director de programación da Radio Galega, e o propio autor.
No vídeo poden escoitar as súas reflexións. Iso si, condicionadas pola mala acústica da sala... Os que pasaron por esta Facultade saben ben, sabemos, de que o prestixioso arquitecto que lle pon placa na entrada non reparou nestes detalles, e noutros, do día a día e de que as eivas da acústica lle afectan mesmo aos estudos de radio do centro... E con todo, a próxima vez que pasemos por alí prometemos levar un micro para compensar o
efecto Siza.