Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O caso 'Erika' pode sentar precedente

'Prestige': o Estado Español, ao xulgado este mércores, denunciado por mariscadores franceses

Comeza en Rochefort (Charente-Maritime, Francia) o xuízo pola xestión da marea negra, que estragou a campaña de Nadal neste departamento.

Redacción - 14:50 27/02/2008
Praia de Grand-Crohot (Lège-Cap Ferret)

Praia de Grand-Crohot (Lège-Cap Ferret)

O Estado Español, o propietario do Prestige e mais a compañía que fretou o barco comparecen esta cuarta feira no Xulgado de Primeira Instancia de Rochefort (Charente-Maritime, Francia), tras ser demandados por dous sindicatos de mariscadores deste departamento galo, informa a emisora de radio francesa Europe 1.

Concretamente, o Estado está imputado por desprazar o buque avariado pola costa, o que provocou que a marea negra se estendese deica ás costas francesas, estragando a campaña de Nadal dos mariscadores de Charente-Maritime.

Estes calculan que o seu volume de negocios viuse reducido en máis dun 60% en 2002, e que a súa imaxe viuse seriamente danada nos anos posteriores. Os sindicatos defenden que o Prestige debeu de ser levado a porto para baleirar con calma as 77.000 toneladas de petróleo que transportaba.

O pasado 16 de xaneiro, a Xustiza francesa recoñeceu o prexuízo ecolóxico provocado pola marea negra do Erika. O Tribunal Correccional de París condenou a petroleira Total, o armador e o xestor do Erika, entre outros, a pagar indemnizacións de 192 millóns de euros, dos que perto de 154 correspóndenlle ao Estado. O goberno francés anunciou hai uns día que non recorrerá a sentenza.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: