Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No rural, entre o 60 e o 70% polo momento

As Galescolas cubriron todas as prazas ofertadas para as zonas urbanas

As escolas infantís, que comezarán a funcionar o vindeiro setembro, completaron en dez días o 85% dos postos ofertados para todo o país.

Redacción - 18:45 08/08/2007

Do 20 ao 30 de xuño, neses dez días que estivo aberta a primeira matrícula das Galescolas, cubríronse o 85% das prazas ofertadas, segundo informou Vicepresidencia esta cuarta feira. As listaxes provisionais dos alumnado admitido xa se poden consultar na súa web.

As Galescolas están aínda "nun proceso aberto"
Vicepresidencia dixo que as matrículas nas Galescolas é un proceso que aínda "permanece aberto", polo que os pais que desexen inscribir aos seus fillos poden facelo en calquera momento.

23 centros abertos, 100 postos de traballo

As 23 novas Galescolas abertas han crear algo máis dun cento de novos postos de traballo, entre a contratación de mestres, educadores e persoal de servizos xerais, segundo Vicepresidencia. De aquí a un tempo, o Goberno quere investir un total de 33 millóns de euros na creación dunha sólida rede de Galescolas, con 121 centros. Nestas, crearanse máis de 6.000 novas prazas para os nenos de menos de 3 anos que garantan "unha educación en galego e en Galiza para os galegos do século XXI".

Coas novas Galescolas que proxecta a Xunta, as zonas de Lugo e Ourense superarán o 33% de índice de cobertura recomendado pola Unión Europea, cun 34,4% na primeira e un 39,7% na segunda.


4.75/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: