Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
Tes algo mellor para o venres que un roteiro nocturno máxico e reivindicativo? SOS: A Serra da Groba
27/09/2007 12:20

Tes algo mellor para o venres que un roteiro nocturno máxico e reivindicativo? SOS: A Serra da Groba

Como xa saberedes, sobre a Serra da Groba pesa unha ameaza. Unha máis das que ultimamente caen sobre este Val Miñor: O proxecto de instalación dun parque eólico que destruiría ese espazo natural e cultural. (Toda a información en www.salvemosmonteferro.org  e  www.sosgroba.com)   Por ese motivo, este venres 28 de setembro realizaremos un marabilloso.....
 


Nigrán convoca seis postos de voluntariado de patrimonio e medioambiente.
25/09/2007 19:44

Nigrán convoca seis postos de voluntariado de patrimonio e medioambiente.

O Concello de Nigrán convoca seis postos de voluntariado de patrimonio e medioambiente.O novo goberno de Nigrán están previstas varias actuacións importantes tanto no medio ambiente como na recuperación patrimonial no concello. Unha delas xa está en marcha, como é a posta en valor do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Chandebrito. Un proxecto dirixido pola historiadora arqueóloga Rosa Villar Quinteiro.


A vida xunto o mar. Onte e hoxe.
25/09/2007 19:28

A vida xunto ao mar. Onte e hoxe.

A concellería de cultura de Nigrán inaugurou ata o próximo 21 de outubro a exposición «A vida xunto ao mar. Onte e hoxe», que versa sobre a comunidade pesqueira da zona. Esta exposición está incluída dentro da programación de accións para a sensibilización sobre o patrimonio cultural de Nigrán e a súa comarca.


A web de Salvemos Monteferro recibe o V Premio Nano Cambeiro de periodismo
25/09/2007 11:55

A web de Salvemos Monteferro recibe o V Premio Nano Cambeiro de periodismo

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumprirse o sexto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Foron múltiples os argumentos que levaron a que a Xunta de Goberno do Instituto de Estudios Miñoranos tomase esta decisión por unanimidade, entre outras, ser a primeira web ecoloxista do Val Miñor con información actualizada en torno a cal se concentrou a gran mobilización social que conseguiu a paralización do proxecto de urbanización de Monteferro.

A web www.salvemosmonteferro.org consolidouse como lanzadeira para os comunicados dixitais dos movementos ecoloxistas galegos dos últimos anos e foi quen de liderar conxuntamente con outros colectivos iniciativas como GALIZA NON SE VENDE, divulgar o coñecemento e consciencia da problemática e situación ambiental da ría, foi o motivo de artellar o "MAPA DOS 15 PUNTOS NEGROS DA RÍA DE VIGO". Un sistema multimedia que permite analizar a problemática e evolución dos desastre ecolóxicos que afectan a ría máis próxima a Monteferro. E ofrece tamén un álbum de fotos relativas a Monteferro.


Fazemos SETE anos
24/09/2007 23:51

Fazemos SETE anos

Este 22 de Setembro, AGIR fai 7 anos de vida organizativa.


Brutal queda de massa estudantil apenas muda em Infantil neste curso
23/09/2007 14:16

Brutal queda de massa estudantil apenas muda em Infantil neste curso

Em Galiza, apenas a Educaçom especial e o ciclo de Ensino Infantil maquilham uns índices catastróficos se analisados com a mínima perspectiva histórica.


MANIFESTO DE SOLIDARIDADE COA PLATAFORMA DE  VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ
20/09/2007 16:13

Manifesto de solidariedade coa plataforma de veciños do Cruceiro de Meá

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!

http://calidonia.blogaliza.org/2007/09/19/manifesto/#comment-11112


À gratuidade do ensino infantil polo concerto com a privada
19/09/2007 16:28

À gratuidade do ensino infantil polo concerto com a privada

a dominaçom da rede privada é absolutamente esmagadora.



18/09/2007 18:15

Ser bilingue e bo para o cerebro

De acordo coa investigacion dun grupo do Canada, falar duas linguas axuda a manter a axilidade mental por mais tempo.


Críticas sindicais por eivas no início do curso
17/09/2007 20:48

Críticas sindicais por eivas no início do curso

Segundo fontes sindicais, por volta de 400 aulas do País (sem contar território oriental sob administraçom das CA asturiana e castelhana) começárom com vacantes no posto de professor/a


Galeguizando a Feira de Silleda: Campaña da CiberIrmandade da Fala
17/09/2007 13:21

Galeguizando a Feira de Silleda: Campaña da CiberIrmandade da Fala

A Feira Internacional de Galicia é un recinto de exposicións, de categoría internacional, situado na localidade de Silleda. Pertence á Fundación Semana Verde de Galicia e constitúe unha ponte comercial entre Europa e América ademais dun centro de actividades congresuais, formativas e asociativas para o desenvolvemento rural e do pais galego en xeral.


CFP: As Ensinanzas Artísticas e o Espazo Europeo da Educación Superior
14/09/2007 19:22

CFP: As Ensinanzas Artísticas e o Espazo Europeo da Educación Superior

Os día 17 e 18 deste mes terán lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo o curso "As Ensinanzas Artísticas e o Espazo Europeo da Educación Superior", organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dirixida aos profesores de música e artes escénicas da Comunidade Autónoma de Galicia.


'a porta verde do sétimo andar' dá a coñecer a súa primeira publicación
14/09/2007 13:11

'a porta verde do sétimo andar' dá a coñecer a súa primeira publicación

O colectivo vigués presentará na Galería Sargadelos de Vigo o libro de poemas 'A porta verde do sétimo andar'. A cita será o xoves 20 de setembro, ás 20 horas.


11/09/2007 16:30

Un novo vídeo en expoplanetarium.net

Catro anos na rede...


11/09/2007 14:22

A cara oculta das piscifatorías (II): sumidoiro de subvencións e destrucción de emprego

11 de setembro de 2007. Os postos de traballo son un dos principais argumentos das empresas de acuicultura industrial para defender os seus intereses. Nos seus proxectos e através da propaganda mediática, preséntanse como a panacea para as vilas costeiras, ofertando impúdicamente centos de empregos. A realidade é outra: a acuicultura industrial emprega hoxe a unhas 500 persoas, entre persoal de dirección, vendas, marketing, producción, etc. Datos do IGE (Inst. Galego de Estatística) falan do estado destas empresas en Galiza: "Plantillas inferiores a 50 traballadores, das que máis dun terzo teñen menos de 10 empregados". Segue...

 


U-lo Sistema Universitário de Residências...?
11/09/2007 02:06

U-lo Sistema Universitário de Residências...?

o número de solicitantes só na cidade de Compostela, alcança 1.862, sendo nesta localidade de apenas 1.060 as vagas úteis disponíveis


«Galicia Bilingüe» plagia logótipo de «Ponte… nas Ondas»
10/09/2007 13:36

«Galicia Bilingüe» plagia logótipo de «Ponte… nas Ondas»

A desvergonha da pseudo-associação Galicia Bilingüe resulta cada dia mais insuportável. A última das bastadas que acabo de ver por parte destes impresentáveis é o seu logótipo, plágio descarado da iniciativa Ponte... nas Ondas de defesa do patrimónimo imaterial galego-português.


1ª Masa Crítica Galega. Sábado 22 de setembro. 12:30h na Alameda de Santiago de Compostela
10/09/2007 11:14

1ª Masa Crítica Galega. Sábado 22 de setembro. 12:30h na Alameda de Santiago de Compostela

A bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. A masa crítica é un movemento descentralizado de ciclousuarios que loitan polo crecemento do uso da bici como medio de transporte. Este ano por primeira vez se unen as diferentes masas de Galiza nun evento que pretende sacar a relucir a incoherencia das políticas de mobilidade das nosas cidades.


Senén Barro admite a necessidade de suprimir titulaçons ao compás do Processo Bolonha
07/09/2007 18:58

Senén Barro admite a necessidade de suprimir titulaçons ao compasso do Processo Bolonha

Senén Barro, reitor da USC, advirte ao respeito da eliminaçom de licenciaturas, dando-as por supostas, que a flexibilidade para a sua supressom deve ser tomada com naturalidade, o qual para ele é sinónimo de aceitaçom acrítica



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.