Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NO MORRAZO

'En conserva', creatividade á esgalla arredor da fábrica de Massó

Un proxecto cultural promove a creación dun espazo común e multi-disciplinar para que os artistas do Morrazo teñan onde exhibir as súas creacións.

Redacción - 12:40 31/05/2010

'En conserva'. Este é o nome dun innovador proxecto que pretende dar visibilidade aos artistas do Morrazo. Tomando a fábrica de Massó como fío condutor, a iniciativa pretende crear un espazo común para que poidan exhibir as súas creacións á marxe das salas de exposición tradicionais.

Até o de agora, máis de 40 artistas de diferentes disciplinas artísticas xa se sumaron á iniciativa. Pintores, escultores, fotógrafos, ilustradores, xente do teatro, da literatura ou da música... están chamados a participar na idea. Cada un pode unirse ao proxecto achegando unha peza da súa creación, que despois será exhibida ao público nun evento que combinará mostras, proxeccións e actuacións en directo e que ten prevista a súa celebración o vindeiro 12 de xuño. A organización correrá a cargo da Asociación Cultural Deskarga Furtiva.

A maior fábrica de Europa
O tema común que lle dá unidade ao traballo é a antiga fábrica conserveira de Massó. A industria que durante décadas deu emprego tanto en Cangas como en Bueu a máis de un milleiro e medio de persoas actuará de fío condutor do conxunto de manifestacións artísticas.

Ademais de facer visíbel a creación artística da comarca, a iniciativa tamén propón achegar esta peza fundamental da historia recente ás novas xeracións, ao tempo que pretende facer lembrar ás máis veteranas o que supuxo a vida na fábrica. Así, proporá unha reflexión sobre a importancia social da conserveira, as repercusións económicas que tivo para a comarca, a súa arquitectura ou a propia relación da industria, daquela a maior fábrica de Europa no sector, coa cidadanía. A iniciativa tamén reivindica, finalmente, a conservación destes bens patrimoniais e chama a atención sobre o estado da fábrica de Salgueirón, actualmente abandonada e deteriorada e mesmo ao límite da ruína.

  • Podes ler aquí o Manifesto do proxecto e coñecer os artistas que xa se sumaron á iniciativa.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A fábrica conserveira de Massó era a máis grande de Europa e deu traballo a máis de milleiro e medio de persoas
A fábrica conserveira de Massó era a máis grande de Europa e deu traballo a máis de milleiro e medio de persoas
En Bueu, a parte da fábrica que queda en pé converteuse no Museo de Massó
En Bueu, a parte da fábrica que queda en pé converteuse no Museo de Massó