A Xunta de Persoal Docente de Pontevedra acordou un texto no que critica a controvertida sentenza dun maxistrado de Alcorcón.
O pasado mes de novembro deuse a coñecer a polémica sentenza que lle impide a unha nai e ás súas fillas trasladarse a Vigo. Un xulgado de Alcorcón denegou, a petición do pai das menores, o cambio de domicilio alegando que as rapazas correrían “perigo de desarraigamento” ao seren escolarizadas en galego.
A Xunta de Persoal Docente de Pontevedra, que representa a máis de 11 mil profesores desta provincia, aprobou unha resolución simbólica na que suspenden e cualifican de “moi deficiente” a actitude do maxistrado. O texto lémbralle ao xuíz que a propia Constitución española recoñece o galego como lingua cooficial.