 
Os festivais e concertos de venres e sábado móvense entre a moda máis “chic”, a canción tradicional e a reivindicación social.
 
											Joe Crepúsculo actúa no Daisy Market
A do 25 ao 27 de setembro é unha nova fin de semana con propostas musicais para todos os gustos. Para os que están á última, na moda e na música, A Coruña acolle o Daisy Market. Trátase dun certame de moda e costura para xente moderna cunha cara musical ben completa: alí estarán, entre outros, Joe Crepúsculo, The Waves Pictures, La Bien Querida, Extraperlo e Lidia Damunt.   
  Fóra da pasarela, a reivindicación social é o que move dúas citas destes días. Polo sur, en Cangas, concerto solidario cos detidos nas manifestacións contra o porto deportivo de Massó, con Dios Ke Te Crew e o Sonoro Maxín encabezando o cartel do S.O.S. Massó. E polo norte, en Ferrol, o Centro Social o Fervesteiro organiza o seu segundo festival: Ataque Escampe, Motor Perkins, Skarallados... 
  En Marín celebran esta fin de semana a danza de espadas, completada con concertos de João Afonso e Nordestinas. E en Vilelos, O Saviñao, prenderán a mecha do espectacular folión de fachas as actuacións de Cuchufellos e Pachanga Divina. A música tradicional será protagonista da Xuntanza de Gaiteiros de Fene e do terceiro Zumbanocoiro en Lugo. 
  Atención aos concertos que completan a actividade musical da fin de semana: Nadadora, Habitación 92, Sevigny, Covalblú, e Snatch teñen bolos o venres, e Som do Galpom, Los Eternos, Medomedá e Pito de Picaso o sábado. 
  
  25, 26 e 27 de setembro, Daisy Market (A Coruña): 
Venres 25: Joe Crepúsculo, Coroa Nova, 6PM, Cobblestone Jazz. 
Sábado 26: The Rakes, The Wave Pictures, La Bien Querida, Extraperlo, Lidia Damunt, Lo-fi-fnk. 
Ademais: feira de moda, conferencias, exposicións e pasarela.   
  25, 26 e 27 de setembro, Festa da Canción Mariñeira (Marín): 
Venres 25: João Afonso. 
Sábado 26: Nordestinas. 
Ademais: xogos tradicionais, charangas, teatro, corais e danza de espadas. 
  25 e 26 de setembro, Fervesteiro (Ferrol):  
Venres 25: Ataque Escampe, Bulldozers e grupo sorpresa. 
Sábado 26: Motor Perkins, Skarallados e Mongollica. 
  25 de setembro, Folión de Fachas (Vilelos, O Saviñao): 
Pachanga Divina, Cuchufellos e o folión de fachas. 
  26 de setembro, S.O.S. Massó (Cangas): 
O Sonoro Maxín, Dios Ke Te Crew, Stupenda Jones e Dakidarría, presentado por O Leo i Arremecághona 
  
26 de setembro, Xuntanza de Gaiteiros (Fene):   
Mini e Mero, Raparigos, María Manuela, Xoán Rubia e Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. 
  26 de setembro, Zumbanocoiro (Lugo):   
A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón. 
  Máis concertos: 
  25 de setembro:   
Nadadora e Daga2Puntas nas Festas do Cristo (O Porriño) 
Habitación 92 na sala A Reserva (Carballo) 
Sevigny no Café Auriense (Ourense) 
Covalblú no Centro Cultural Caixanova (Vigo) 
Snatch na sala Contrabajo (Vigo) 
  26 de setembro: 
Los Eternos no Salón Parroquial (Ponteareas) 
Som do Galpom no pub Leblón (Pontecaldelas) 
Medomedá na sala Mogway (Chantada) 
Pito de Picaso na sala Lacosta (Portonovo)
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto