Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Guieiro de fin de semana

Festivaleiros do mundo, unídevos!

O verán musical comeza a quentar motores. Concertos, tendas de campaña, noites sen fin...

Redacción - 09:30 10/07/2009
Cartaz do Cultura Quente'09

Cartaz do Cultura Quente'09

Este xoves comezou o Festival Celta de Ortigueira, por público, traxectoria e repercusión internacional, o máis importante do país. E o venres, a alternativa pop-rock en Caldas de Reis: o Cultura Quente, na carballeira do río Umia. En Ortigueira hai días que os primeiros festivaleiros comezaron a ocupar o piñeiral de Morouzos. Este xoves pola noite comezou a música, a partir da 'Sesión inaugural', que tivo lugar na praza de Isabel II, coa intervención da Escola de Gaitas de Ortigueira, o gaiteiro Pablo Devigo, a Banda de Gaitas Agarimo de Ferrol e a escocesa Johnstone Pipe Band, ademais dos tres finalistas do Proxecto Runas'09: Pablo Seoane Grupo, Tiruleque e Qui Hi Ha?.

Principais concertos nos vindeiros días
Venres 10

Escola de gaitas de Ortigueira (Galiza)
Susana Seivane (Galiza)
Michael McGoldrick band (Irlanda)
Judith (Castela A Mancha)

Sábado 11
Banda de gaitas Casa de Galicia de L'Hospitalet
Xosé Manuel Budiño (Galiza)
La Bottine Souriante (Quebec)
Wolfstone (Escocia)
Korrontzi (Euskadi)

Domingo 12
Banda de gaitas Xarabal + Johnstone Pipe Band
Battlefield band (Escocia)
Arán (Galiza)
Sog (León)

E en Caldas..., a música queima
O Cultura Quente non acusa a crise que sofren a meirande parte dos festivais de música no noso país. De novo trae dúas xornadas de concertos de primeiro nivel, combinando artistas e grupos galegos, españois e de fóra do Estado. Na edición 2009 destaca a presenza de MC5 o venres, que substitúen aos New York Dolls, que cancelaron o seu concerto, e de The Wedding Present, Lagartija Nick e Facto Delafé o sábado, no día grande do festival.

Podes consultar aquí a programación completa e os horarios dos concertos.

Os concertos comezarán ás nove da noite os dous días, pero durante toda a fin de semana, a vila terá actividade continua. Destaca, un ano máis Kaldarte, que chega á súa duodécima edición. Trátase dun proxecto de experimentación artística sobre o espazo público realizado por artistas novos, moitos deles estudantes en Pontevedra, na facultade de Belas Artes. A iniciativa ten varios obxectivos : en primeiro lugar empregar o espazo público como lugar para a presentación dunha serie de obxectos ou accións artísticas significantes que entren en relación directa co espectador; o outro é a interacción cos espectadores, cos habitantes de Caldas, que manifestarán a súa opinión, positiva ou negativa sobre as obras; a rexeneración dos espazos urbanos, é o terceiro grande obxectivo de Kaldarte.

Os proxectos seleccionados para esta edición son os de Isabel Romano con 'Pendiente de nominación por menores locales', Sheila Pazos con 'Sinfonía Urbana', Amaiuer Garaizar con 'Tengo un precio', Gonzalo Rey, con 'Xornal', Raúl Hevia e Antonio Díaz Grande con 'Escenarios' e 'Explo-lab', Laboratorio de creación artística con 'Bagblackbox'.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Michael McGoldrick Band

Korrontzi

MC5. 'Kick out the jams'

Lagartija Nick. 'Carmen Celeste'