Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FERROL, SANTIAGO E VIGO

O Festival ALT leva o teatro alternativo de norte a sur

Segunfa semana da mostra de artes escénicas de vangarda, que multiplica as súas actividades.

Redacción - 18:40 06/03/2009

Na súa oitava edición, o Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo amplía os seus espazos de exhibición, procurando chegar a todos os recunchos da cidade. E máis aló, pois este ano conta con extensións en Santiago e Ferrol. Dende a pasada fin de semana un total de 22 compañías procedentes de toda a Península (incluíndo, por exemplo, sete galegas e cinco portuguesas), mais a achega de formacións británicas e francesas, poñen en escena as súas últimas producións.

Destaca, por exemplo a retrospectiva da compañía catalana Los Corderos, que estes días se pode ver en Ferrol, e que a vindeira semana ofrecerán en Compostela a súa produción máis recente. En Vigo esta fin de semana podemos ver media ducia de obras. No Cabaret Molotov a compañía Teatro de marionetas de Porto achega o teatro á poética do circo. Pola súa banda, a Conferencia optimista de Ernesto Collado ofrecerá no Marco unha conferencia atípica, con moita música, tocada en directo. Vaca, de Alberto Velasco, presenta un personaxe epónimo, gordo e feo, que procura atopar o seu sitio dentro dunha scoiedade dominada por imaxes perfectas e corpos esculturais. Finalmente, en Mucho que perder a compañía LaCoja Dansa ofrece paisaxes e orientacións parciais, que apenas aprecian uns poucos, priorizando puntos de vista, que doutro xeito permanecerían ocultos para o espectador.

Vigo

Mucho que perder. Cía LaCoja Dansa. MARCO (5€). 6 de marzo, 20h
Vaca. Alberto Velasco. Casa das Artes (5€). 6 de marzo, 21.30h
Conferencia optimista. Ernesto Collado. MARCO (5€). 7 de marzo, 20h
Cabaret Molotov. Cía Teatro marionetas de Porto. Casa das Artes (5€). 7 de marzo, 21.30h
Odete Odile. Sara Vaz. Casa das Artes (5€). 8 de marzo, 20h

Ferrol
A la intemperie. Los Corderos S.C. Rúas da cidade. 6 de marzo, 20.30h
Tocamos a dos balas por cabeza. Los Corderos S.C. Centro Cultural Torrente Ballester (5€). 7 de marzo, 20.30h

Santiago
El rey de la soledad. Playground. Sala Nasa (5€). 7 e 8 de marzo (21.30h e 20h, respectivamente)


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: