Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREVISIÓNS ECONÓMICAS

Prognóstico do FMI: dous anos de recesión, polo menos

Revisa as expectativas á baixa e prevé que o Produto Interior Bruto do Estado Español se contraia un 1,7% en 2009 e un 0,1% en 2010.

Redacción - 19:17 28/01/2009

A recuperación da economía terá que agardar aínda máis, polo menos no Estado Español e en Italia. O Fondo Monetario Internacional (FMI) revisou á baixa as expectativas de crecemento e fala agora dunha contracción dun 1,7% neste ano e dun 0,1% en 2010. Mentres, o conxunto da economía mundial medrará un 0,5% en 2009 e un 3% en 2010. Así, o organismo dirixido por Dominique Strauss-Kahn recortou outra vez os seus prognósticos de crecemento publicados o pasado mes de novembro nun punto no caso de 2009 e en nove décimas na estimación de 2010.

Italia e o Estado Español son os que peor parados saen desta nova previsión. De cara ao 2010, o FMI só augura unha contracción do crecemento do PIB para as economías destes dous países (en ambos casos con retrocesos do 0,1%) mentres que para outros prevé crecemento: Alemaña (+0,1%) , Francia (+0,7%) ou Reino Unido (+0,2%).

Futuro negro para o emprego
Doutra banda, a Organización Internacional do Traballo (OIT) prognostica que 40 millóns de persoas poderán engrosar este ano o número de desempregados no mundo, se continúa a actual conxuntura económica. Nas previsións máis pesimistas, a cifra de desemprego podería acadar os 230 millóns de persoas, mentres que nas máis optimistas falan de cifras de paro de 30 millóns (taxa de 6,5%).

Con todo, a OIT tomou como base para os seus cálculos os datos de crecemento mundial do FMI do pasado novembro, polo que este escenario se adiviña aínda peor hoxe, á luz das novas expectativas económicas.


Ligazóns

4.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: