Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DISCRIMINACIÓN POR SEXOS

Os colexios do Opus ameazan con ir aos tribunais se a Xunta lles retira as axudas

Os centros consideran que teñen dereito ao concerto a pesar de prohibir a educación mixta de nenas e nenos.

Redacción - 18:15 22/01/2009



Logo de que a Consellaría de Educación publicase unha nova orde que impide que continúen os concertos con centros privados que segregan alumnos en función de sexo, as direccións dos centros avisan que non van quedar de brazos cruzados. En declaracións a Europa Press, o director do colexio Montecastelo (masculino), de Vigo, Joaquín Pereira, explicou que os cinco centros solicitarán que se renoven os concertos o vindeiro curso xa que “teñen dereito”.

Tal e como sacou á luz pública Vieiros en xuño do ano pasado, o colexio devandito, canda os coruñeses de Montespiño (feminino) e Peñarredonda (masculino) e os tamén vigueses Las Acacias (feminino) e Aloia (feminino) son os cinco centros que nos últimos anos seguiron percibindo fondos públicos a pesar de non aceptar a coeducación de nenos e nenas. Catro dos centros (Montespiño, Peñarredonda, Las Acacias e Montecastelo) pertencen á federación estatal Fomento de Centros de Enseñanza, unha institución vinculada ao Opus Dei.

Un modelo con máis de dous mil alumnos

O director do colexio Montecastelo asegura que os centros imparten unha “educación diferenciada” que “non discrimina”, xa que oferece “colexios para nenos e nenas”. Pereira afira que “oferécese un modelo educativo de calidade e coas mesmas oportunidades”.

Nos cinco centros estudan na actualidades máis de dous mil rapaces. Dende os colexios do Opus aseguran que “o que está en xogo” é a liberdade de elección de centro e o dereito ao ensino concertado.

Anteriores en Vieiros:


2.45/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: