Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CORUÑA E EN VIGO

Educación destina cartos públicos a colexios que segregan nenas e nenos

En Galiza hai alomenos catro centros educativos concertados que rexeitan unha educación mixta.

R.Vilar - 13:50 13/06/2008

Galiza é unha das comunidades do Estado Español que sigue a financiar colexios que rexeitan unha educación mixta. A Xunta, a través de concertos, subvenciona centros privados que fomentan esta segregación. Segundo puido saber este xornal, en Vigo hai polo menos dous exemplos: Las Acacias (feminino) e Montecastelo (masculino); e na Coruña outros dous: Montespiño (feminino) e Peñarredonda (masculino). Os catro colexios, vinculados ao Opus Dei, pertencen á federación Fomento de Centros de Enseñanza.

A filosofía destes centros é radicalmente contraria á educación mixta. Na súa páxina web pódese ler o seguinte texto: “Dende a súa fundación en 1964, os colexios de Fomento escolleron como modelo organizativo na Educación Primaria e Secundaria a educación diferenciada. Cada persoa nace home ou muller, con ritmos diferentes de maduración persoal e de aprendizaxe, teñen distinta sensibilidade, reaccionan diante dos estímulos de xeito diferente (...)Nos colexios de Fomento facilitamos que cada alumno cultive as cualidades propias do seu xeito de ser, a masculinidade e a feminidade, trazos constitutivos da persoa”

Fallo do Supremo
A polémica decisión de destinar cartos públicos a este tipo de centros volve estar de actualidade. Esta mesma semana o Tribunal Supremo recoñecía que as comunidades autónomas teñen dereito a negarlle as subvencións aos centros que separen os alumnos por razóns de sexo. A sentenza subliña que : "o sistema de ensinanza mixta, no caso dos centros concertados, é unha faceta máis desa competencia sobre a admisión do alumnado que lle corresponde á Administración que financia estes centros".

O fallo do Supremo prodúcese logo dunha pugna entre o goberno de Castela-A Mancha e a patronal dos colexios privados CECE. Os centros recorreran unha decisión do executivo autonómico que en 2004 decidiu que os centros concertados non podían separar nenos e nenas. Nun primeiro momento, o Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha déralle a razón aso colexios, agora o Supremo anula aquela sentenza.


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: