 
Bandas galegas actuarán en nove salas do país, despois do acordo entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o seu equivalente catalán.
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) esténdese este ano a Cataluña grazas ao acordo establecido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Institut Catalá de les Indústries Culturals (ICIC) para a programación de música galega en nove salas pertencentes á Associació de Sales de Concerts de Catalunya (ASACC): Monasterio, Sidecar e Apolo 2 de Barcelona, Café del Teatre de Lleida, Lo Submarino de Rasquera, La Mirona de Salt, El Clap de Mataró, Salamandra de L’Hospitalet, El Sielu de Manrresa e Factoría d’Arts de Terrasa.   
Os responsábeis dos devanditos espazos ultiman nestes momentos o calendario de actuacións deste primeiro circuíto RGMV-Catalunya, que se desenvolverá de febreiro a maio e de setembro a novembro deste ano, seleccionando os grupos participantes de entre os máis de 170 inscritos.   
Con esta iniciativa, a AGADIC dá un paso máis na promoción exterior da música galega trala positiva experiencia que significou o intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o circuíto portugués OuTonalidades no último trimestre do pasado ano. Ambos programas enmárcanse nunha máis ampla liña de traballo na que se sitúa igualmente o apoio institucional á participación do sector musical galego en feiras  internacionais como Womex ou Midem.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto