Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCURSO DE REMESTURAS

Xa hai 25 'Fartos' de Lamatumbá

Pai-Música amplía até o 5 de decembro o prazo para recibir as versións do tema da banda ourensá.

Redacción - 15:10 30/11/2008

"Somos os primeiros sorprendidos por ter recibido propostas de Arxentina, Canarias, Catalunya... E temos escoitado algunhas verdaderamente sorprendentes. Nalgunha delas parecemos Los Manolos, noutra os Facto de la Fé, noutra Chimo Bayo (jujá). E dígoche en serio que algunha se cadra nos mola máis que a orixinal. Qué imaxinación ten esta xentiña, que hai algún que presentou ata tres diferentes (de momento)". Falan así os integrantes de Lamatumbá, encantados do éxito acadado pola iniciativa, pioneira en Galiza.

Os novos temas mesturados poderán ser votados polos usuarios da páxina de Pai Música a partir do 5 de Nadal. O gañador será elixido cun 50% dos votos dos usuarios e outro 50% polos votos de Lamatumbá + PAI Música. A versión gañadora contará con vídeo de seu.

Polo de agora recibíronse 25 remesturas, procedentes algunhas, en efecto, de Catalunya ou Arxentina. Podedes escoitalas todas nesta páxina, por exemplo a moi traballada versión de Miguel Boluda, a hiphopeira de Javi Hendrix, a 'trance' de Kos Project, ou a remestura con reminiscencias aos Chemical Brothers de Espiaruso.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: