Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCURSO DE MESTURAS

Fai o que che pete con Lamatumbá

A banda ofrece as pistas do seu tema 'Farto' (Paraugas Universal, 2008) para quen queira remesturalas. A versión gañadora tera videoclilp de seu.

Redacción - 12:45 22/10/2008

Farto

En abril Radiohead puxeron a disposición pública as pistas orixinais de Nude, tema incluído no seu último álbum In Rainbows para que quen quixese fixese a súa versión. En total recibiron máis de dúas mil remesturas, que foron escoitadas un total de dous millóns de veces na web do concurso En setembro, visto o éxito, a banda de Oxford fixo o mesmo con Reckoner. Agora Lamatumba e Pai Música fan o mesmo cun dos temas do máis recente álbum dos ourensáns, Farto. A discográfica entrega as pistas e as ferramentas (hai moitos programas, como o Pro Tools; neste caso ofrécese o KRISTAL Audio Engine)), e a versión gañadora contará con vídeo de seu.

Todo está permitido: engadir novas pistas, engadir loops, efectos... Os novos temas mesturados publicaranse na web para sometelos á votacións dos usuarios. O gañador será elixido cun 50% dos votos dos usuarios e outro 50% polos votos de Lamatumbá + PAI Música. O prazo para entregar as mesturas remata o 27 de novembro. Logo abrirase as votacións durante unha semana, xusto despois do peche do prazo de entrega. Os temas que vaian chegando serán publicados na web para que poidan ser escoitados.

As remesturas aínda non están moi estendidas en Galiza. Projecto Mourente, un dos que máis ten traballado neste campo, xunto con Fanny & Alexander, reclamaba hai uns meses nunha entrevista en Vieiros que os grupos emprestasen as súas pistas para poder facer das remesturas algo habitual.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: