 
 
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade fai pública unha declaración institucional no Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
En 1992, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas declarou o 17 de outubro como Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, co obxecto de criar conciencia sobre a importancia de erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países, en particular nos países en desenvolvemento, obxectivo que se converteu nunha prioridade do desenvolvemento durante a década de 1990. 
  Ese obxectivo soamente pode ser levado a cabo co impulso de actividades nos planos local, estatal e internacional, con implicación das Administracións a todos os niveis, e da opinión pública, para xerar unha maior conciencia acerca da importancia que ten a erradicación da pobreza en relación coa consolidación da paz e a consecución dun desenvolvemento sostible. 
    Este 17 de outubro, millóns de persoas e de entidades en todo o planeta reclamarán dos líderes mundiais o cumprimento da promesa de lograr os Obxectivos do Milenio en 2015. Tamén en Galicia. No ano 2000, a comunidade internacional fixo unha promesa: acabar coa pobreza antes do 2015. Oito anos máis tarde, 50.000 persoas morren diariamente como consecuencia da súa extrema miseria e a distancia entre pobres e ricos segue a crecer. Non obstante, dispoñemos da capacidade para mudar esta realidade e ata de logralo no prazo fixado. 
  
O Fondo Galego, como recolle a súa Declaración Programática, postula unha cooperación entendida como método e estratexia para vertebrar a solidariedade cos pobos e sociedades máis desfavorecidas, comprometendo, impulsando e propiciando a creación dun tecido solidario en cada poboación de xeito que se abra camiño a esixencia dunha nova orde económica internacional máis xusta e a erradicación daquelas trabas e impedimentos que dificultan a eliminación da pobreza e as desigualdades. 
  
Nesta xornada de 2008, o Fondo Galego: 
1. Reafirma o seu compromiso cun 	modelo de cooperación firmemente orientado á 	erradicación da pobreza en todas as súas formas, sen 	máis servidume que a derivada da necesidade de alentar un 	desenvolvemento humano e sustentable.
2. Insta aos poderes locais da 	nosa Comunidade a implicarse de forma máis activa nestas 	accións, tanto no plano do financiamento como da 	sensibilización cidadá.
3. Expresa a súa 	complicidade con todos os actores que, dende a sociedade civil e os 	poderes públicos, comparten idénticos obxectivos, 	amosándose partidario dunha ampla alianza entre os diversos 	axentes implicados para avanzar na consecución dos Obxectivos 	do Milenio.  
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto