 
 
A Fundación Axencia Humanitaria, dependente de Relacións Exteriores, xestionou a contribución á Axencia Española de Cooperación Internacional.
 
											A AECID xestiona o envío da axuda
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, felicitouse esta cuarta feira polo esforzo solidario realizado polo noso país con Cuba logo do paso dos furacáns Gustav, Hanna e Ike polo Caribe. Segundo informou, Galiza achegou a metade do material de primeira necesidade enviado polo Estado, converténdose na "única comunidade autónoma que colaborou" neste paquete.
 
  O xefe do Executivo salientou o "esforzo" que supón que case a metade dos catro mil quilos de material de primeira necesidade preparados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), fose achegada pola Fundación Axencia Humanitaria, dependente da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.   
O paquete componse de 54 unidades de kits hixiénicos, 180 unidades de kits de cociña, 720 mantas e 400 lonas. Ademais, no mesmo avión fretado por AECID dende o centro que ten en Panamá, viaxan 17 mil quilos de conservas de peixe, subministradas polo Programa Mundial de Alimentos (PMA) da ONU.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto