Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS Á EPA

UXT subliña o bo comportamento do emprego en Galiza

O sindicato destaca que os sectores servizos e industria seguen a xerar emprego.

Redacción - 14:00 24/07/2008

Galiza sitúase entre os territorios con maior incremento da ocupación no segundo trimestre do ano. Este é o dato que subliña a UXT, quen pon o acento nos 10.800 ocupados que non tiñan emprego hai tres meses. Se ben, lamenta o incremento do desemprego en termos anuais, tamén recorda que a cifra galega (+0,69%) dista moito da estatal (+9,54%).

Doutra banda, a UXT repara na distribución da poboación activa por sectores. A caída do emprego na agricultura e na pesca afecta a 15.700 persoas e outras 7.300 quedaron sen emprego na construción. O sindicato tira a conclusión de que son a industria e os servizos os sectores que están a xerar emprego (2.700 empregos máis na industria e 12.300 nos servizos).

Finalmente, conclúe na evidencia de que existe un cambio de ciclo que está a afectar aos sectores noutrora puxantes como a construción, o mar e o agro. Así, a UXT – Galiza insiste na demanda dun cambio de modelo produtivo e agarda a que o Acordo pola Competitividade, asinado recentemente coa Xunta e outros axentes sociais, comece a dar os seus froitos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: