Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL 'SEREAS E PIRATAS'

A Galiza bizarra xúntase na praia de Razo

Os concertos son este sábado e actuan John Marvellous, Novedades Carminha, Jimenez Los Santos, Schizophrenic Housewives, Telephones Rouges, Franc3s e X-Wife.

Redacción - 10:30 25/07/2008

A praia de Razo, en Carballo, volverá acoller a un fato de sereas e piratas, disfrace escollido polo máis destacado do que poderiamos denominar 'Galiza bizarra'. Con entrada de balde e o mar e area nocturna como escenario, media ducia de bandas galegas e un cabeza de cartaz portugués (X-Wife) ofrecerán sete horas de guitarras densas e ruído, entendido do xeito máis creativo posíbel.

Os X-Wife levan catro anos poñendo en práctica a súa proposta de electro-punk, moi influenciada por Suicide, e que lles levou mesmo a abrir varios concertos de LCD Soundsystem en Nova York. Destaca tamén a presenza de Franc3s, que xogan na casa, en Carballo, e continúan presentando os temas das súas primeiras maquetas, nun ano inzado de concertos e concursos, e á espera de gravar o seu primeiro disco longo.

Ademais dos concertos, está prevista unha dobre sesión de DJs, que comezará ás tres e media da madrugada. A música será cousa de The Blows Djs, e de Rasca e Pica DJs.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: