Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AXENCIA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Declaran ilegal a publicidade en Gmail

Unha denuncia de FACUA considera que a análise automática dos correos que efectúa Google para ofrecer publicidade incumpre a normativa.

Redacción - 10:10 26/01/2008

A Axencia Española de Protección de Datos declarou ilegal o tipo de publicidade que emprega o servizo de correo electrónico de balde de Google, Gmail. A raíz dunha denuncia que presentou a asociación de Consumidores en Acción (FACUA), a institución considera que a empresa estadounidense se está a entremeter na intimidade dos usuarios, tanto dos que contratan o servizo como dos que lles envían mensaxes.

Segundo a Axencia, o xeito que emprega Gmail para personalizar a publicidade, baseada no contido das mensaxes de correo electrónico, e para determinar se se trata dunha mensaxe non solicitada, incumpre a lexislación estatal e comunitaria, pois o escaneo dos correos supón unha "interceptación de contidos", aínda que sexa de xeito mecánico.

A única excepción a esta prohibición é cando os correos se inspeccionen por motivos de seguridade do servizo. Malia isto, os proveedores teñen que informar sobre as prácticas de peneirado de correo electrónico e ofrecerlles aos seus clientes a posibilidade de decidir sobre o filtrado.

Google xa tivera que cumprir o ditame da Comisión Europea de xuño de 2006, que obrigaba a empresa a reducir a 18 meses o tempo que garda as procuras dos usuarios.


2.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: