Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORREO GRATIS E SEN LÍMITE

Intper: competencia galega para o Gmail

Capacidade ilimitada de almacenamento de correos electrónicos, edición de webs favoritas, axenda persoal, organizador de tarefas… o proxecto Intper que vén de nacer na Coruña vai máis aló da oferta de mail anunciada hai pouco polo xigante Google. Contámoslles no Canal Fwwwrando, onde tamén poden saber dos novos puntos de información multimedia en Santiago de Compostela, da chegada da @ ao alfabeto morse, das declaracións do novo ministro de Industria a prol do libre acceso á sociedade da información e da ducia de tendencias que segundo a entidade Morgan Stanley serán motor de cambios na rede durante o 2004.

- 09:52 20/04/2004
Tags:


5/5 (1 votos)