Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CONCERTO DE CARLOS NÚÑEZ

XX Aniversario da Casa Galega de L'Hospitalet

A asociación celebra o seu aniversario cunha fin de semana chea de actos.

Redacción - 17:00 14/12/2007

Co programa escollido, a entidade aposta pola música tradicional e folk para conmemorar os seu XX aniversario: dende o XVIII Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas, a actuación do gaiteiro galego Carlos Núñez e do grupo Son de Seu até o espectáculo de danza e música tradicional de O Fiadeiro. A fin de festa destes dous intensos días corre a a cargo da orquestra Gran Parada.


Programa do XX Aniversario da Casa Galega de L'Hospitalet

Sábado 15 de decembro

15:30 h XVIII Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas

22:00 h Concerto de Carlos Nuñez

23:30 h Orquestra Gran Parada


Domingo, 16 Decembro

11:00 h Baile rexional

18:00 h "Esta noite hai unha fía". Espectáculo de baile e música tradicional a cargo do grupo O Fiadeiro.

20:00 h Concerto Son de Seu

21:00 h Orquestra Gran Parada



Todos os actos en La Farga de l'Hospitalet.

Máis información:

Casa Galega de L'Hospitalet

C/ Santa Eulàlia, 2 | L'Hospitalet

Tel. 93 431 04 34


3,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: