Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EXPOSICIÓN EN CAMBADOS

Catorce debuxantes amosan a súa visión do 'feísmo' urbanístico

Feísmo Ilustrado poderá visitarse no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés até o 15 de decembro

Redacción - 13:30 02/12/2007

A mostra, denominada Feísmo Ilustrado, ofrece o punto de vista de catorce recoñecidos debuxantes e ilustradores galegos sobre este problema urbanístico e paixasístico. Na exposición poden verse traballos de Forges, Jacobo Fernández, Ánxeles Ferrer, Fina Jarama, Xan López, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Miguelanxo Padro, Miguel Robledo, Kiko da Silva, Alberto Vázquez, Óscar Villán e Xosé Lois.

O horario de apertura ao público será de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas os días laborábeis e de 11 a 14 e de 17 a 20 horas os sábados, domingos e festivos. Ademais, os visitantes da exposición poderán levar, gratuitamente, reproducións das ilustracións expostas.


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: