 
A nova revista de humor galego tamén emigra e chegará esta fin de semana á capital catalá.
A presentación da Retranca na Galería Sargadelos estará a cargo dos humoristas galegos Kiko da Silva, director da revista, e mais o colaborador residente en Barcelona Alberto Guitián, que falarán do novo proxecto satírico galaico que queren compartir mensualmente tamén coa diáspora galega. 
  
  A publicación leva nos quioscos galegos dende primeiros de mes cunha tirada de 8.000 exemplares nos que ofrecen, entre outras brincadeiras, unha foto do Rei para espertar as "paixóns máis ardentes" e unha análise retranqueira da praga do feísmo. E todo baixo un lema e aviso a ter moi en conta para evitarmos romarías: "lerasnos de morto se non nos les de vivo!". 
  
  O acto na galería barcelonesa vai ser, segundo nos avisan o humoristas da Retranca, "a primeira presentación galega onde non haberá comida". Cumprirá, logo, ir ben xantados. 
  
  Presentación da revista de humor galego Retranca en Barcelona 
  A cargo de Kiko da Silva e Alberto Guitián.
  Sábado, 1 de decembro de 2007, ás 18 h. 
  
  Galería Sargadelos
Provença, 274-276 | 08008 Barcelona  
Tel.: 93 215 03 68
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto