Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
As contas do futbol chegan ao TSXG

A Fiscalía denuncia malversación de fondos públicos na Federación Galega de Futbol

Póñenlles fianzas polas cantidades malversadas aos imputados, que gastaron máis de 33 mil euros públicos en viño e entradas para a Eurocopa 2004, entre outras cousas.

Redacción - 19:12 31/07/2007

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) denunciou na tarde da terza feira que antigos responsábeis da Federación Galega de Futbol cometeron delitos de malversación de fondos públicos e pediu que os autores depositen fianzas polas cantidades que eles mesmos percibiron "indebidamente".

Na denuncia presentada pola Fiscalía reclámase que os cinco principais responsábeis da antiga directiva da Federación, destituídos en abril, presten declaración para aclarar as acusacións formuladas. Os imputados son o ex presidente Julio Meana Álvarez, o ex secretario xeral Ramón María de Llano Márquez, o ex vicesecretario xeral Benjamín Amido Vázquez, o ex presidente do Comité galego de adestradores de fútbol Fernando José Blanco Pedre e o ex tesoureiro da Federación Luis Caridad Muíño.

Neste seu informe, a Fiscalía destaca unha serie de 15 facturas por un total de 33.785 euros aboadas polos directivos "para atender fins alleos á Federación, como son a adquisición de pneumáticos, de viños a diferentes mercantís especializados, a degustación de viño nun estabelecemento especializado, a adquisición de lotaría ou de localidades con motivo da disputa da Eurocopa 2004". Tamén se inclúen as poucas facilidades que deron, dende a antiga directiva do fútbol galego, para lles realizar auditorías ás dúas contas, ao non presentar contratos laborais do persoal e atrasar a entrega de documentación propia.

O informe da Fiscalía conclúe que estes directivos da Federación cometeron unha serie de irregularidades que constitúen un "delito continuado de malversación de caudais públicos" nuns casos e de "delito continuado de apropiación indebida" noutros.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: