 
 
Política Territorial usa un informe do propio Servizo de Costas para rexeitar unha denuncia ecoloxista. O Concello de Sanxenxo di que a casa está en chan non urbanizábel.
A Consellería de Política Territorial acaba de arquivar a denuncia da asociación Salvemos Pontevedra contra a casa da xefa de costas nesta provincia, Cristina Paz-Cubera. O grupo ecoloxista pide o derrube do chalé porque di que vulnera o deslinde de costas ao estar a menos de 100 metros do mar, tal e como se ve nunha foto remitida por este colectivo.
Versións contraditorias  
Este punto  -que o chalé érguese en terreo non urbanizábel- tamén figura nun novo informe elaborado polo Concello de Sanxenxo a raíz da denuncia, segundo explica Salvemos Pontevedra nunha nota de prensa.  Malia isto, a Xunta válese doutro informe do Servizo de Costas -departamento que dirixe Paz-Curbera- que di que o chalé cumpre a legalidade.
 
   A orixe das versións contraditorias sobre o chalé é o deslinde de costas que se lle aplica. Salvemos Pontevedra defende que é o do ano 98. Pola contra, o Servizo de Costas di -segundo Francisco Díaz, presidente dos ecoloxistas- que ese deslinde foi modificado por unha clasificación municipal posterior.    
  Ninguén da Xunta mediu a situación do chalé
 Salvemos Pontevedra acusa á Xunta de non investigar o caso suficientemente. Así indica que ningún técnico de  Política Territorial acudiu á zona de Carabuxeira a comprobar a situación do inmóbel e que “a incoherencia e falta de fundamento son tan groseiros que sobra calquera cualificación”.  Por iso presentou un recurso contra o arquivo da causa na vía administrativa.  
   Na vía xudicial, a Fiscalía abriu dilixencias informativas a raíz dun escrito presentado polos ecoloxistas no xulgado.    Vieiros contactou con Política Territorial para dar a coñecer a súa versión, pero a Xunta declinou esta oportunidade.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto