Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Quinto programa da revista sonora

Lori Meyers 'on the rocks'

O espazo musical na rede On the Rocks dedícalle a súa última edición ao grupo granadino, que ten dous compoñentes de orixe coruñesa.

Redacción - 13:56 20/03/2007
Logotipo de 'On the Rocks'

Logotipo de 'On the Rocks'

Lori Meyers editará este ano o seu terceiro disco e aspira a se converter na revelación da temporada. Unha das máis novas presentadoras musicais da rede, Pepa Arán, entrevista a Noni, o cantante do grupo, que repasa algúns dos temas máis salientábeis da súa traxectoria. Ademais, a banda andaluza estará proximamente en Galiza presentando o seu novo traballo.

A revista descargábel On the Rocks, ideada por Quico Balay, estase a converter nun fenómeno na rede, do que xa se están a facer eco mesmo medios de comunicación estatais.

Un exemplo da música de Lori Meyers é este vídeo do seu tema Tokio ya no nos quiere:


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: