Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN VIGO

Estoura un artefacto na sede da patronal da fontanaría

Acontecía pasadas as catro e cuarto da madrugada do martes na rúa Martínez Garrido fronte a Foncalor. O negocio sufriu danos materiais por mor da explosión.

Redacción - 10:17 20/07/2010
O ano pasado, cando se negociaba o convenio colectivo do metal, a sede de Foncalor tamén foi obxecto doutros ataques / Imaxe: xuño 2009

O ano pasado, cando se negociaba o convenio colectivo do metal, a sede de Foncalor tamén foi obxecto doutros ataques / Imaxe: xuño 2009

Un artefacto estourou na madrugada do martes en Vigo, ás portas da asociación Foncalor, sen causar danos persoais, se ben ocasionou importantes danos materiais, tanto no edificio como en vehículos próximos.

En concreto, a explosión tivo lugar pasadas as catro e cuarto da madrugada na rúa Martínez Garrido, onde esta situada a sede deste colectivo provincial, Foncalor, que representa á patronal do sector da fontanería e a calefacción de Pontevedra e reúne a unhas 350 empresas.

Ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e Nacional, bombeiros de Vigo e equipos sanitarios, así como un equipo dos Tedax para recoller mostras.

O secretario da empresa, Rafael Carrera, lamentou este martes o que considerou un “acto vandálico” e pediu “unha reflexión” aos seus autores. Asegurou non entender que “se sigan sucedendo este tipo de atentados” e relacionouno cos disturbios de xuño do ano pasado cando se negociaba o convenio do metal.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: