Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desde este xoves

Sónar 2010: fame de novidades

Durante tres días, A Coruña convértese en sede do Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia.

Redacción - 09:30 17/06/2010

O prestixioso Sónar sae de Barcelona neste ano Xacobeo para compartir sede coa Coruña. Un Camiño do Mediterráneo ao Atlántico que enchoupa a cidade herculina co impulso innovador e experimental desta cita coa música e o arte multimedia.

"Plataforma de descubrimento e festival puramente urbano", en definición dos seus promotores, que salientan tamén que se trata dun evento "pioneiro e influínte no calendario cultural europeo". Combina grandes nomes da electrónica actual cun feixe de artistas e dj's emerxentes de variadas tendencias musicais. De xoves 17 a ao sábado 19, o Sónar Galicia trae ao país un cento de artistas e medio cento de actividades diversas. E alén das achegas máis vangardistas vidas do ámbito internacional, haberá tamén espazo para a escena musical galega.

Entre outros, Lcd Soundsystem ofrecerá o seu primeiro show a nivel estatal para presentar os novos temas do seu traballo This is happening; o grupo Air tamén presentará o seu novo disco. Laurent Garnier actúa por primeira vez en Galiza coa súa banda de directo e Hot Chip, ofrecerá os temas do seu traballo One Life Stand. Matthew Herbert, Flying Lotus, Alva Noto+Blixa Bargeld, Delorean ou Broadcast, son outros exemplos de propostas. O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia), conxunto de vinte músicos de diferentes disciplinas que combina improvisación xestual con música clásica, electrónica, free-jazz, textos e referencia aos sons do mundo e da música popular ou 6pm, dúo formado por Iván Oubiña e Raúl Mon, que ensamblan e superpoñen capas de sons con sensibilidade pop son exemplo de propostas galegas.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: