Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROBAS DE INGRESO UNIVERSITARIO

Máis de nove mil galegos enfróntanse á Selectividade

Os estudantes terán que agardar até o 25 de xuño para coñecer as cualificacións que lles darán acceso á carreira universitaria elixida.

Redacción - 10:35 16/06/2010
Este ano incrementouse o número de alumnos que se matricularon na Selectividade

Este ano incrementouse o número de alumnos que se matricularon na Selectividade

Un total de 9.151 alumnos matriculáronse en Galiza para realizaren as Probas de Acceso á Universidade (PAU), 206 estudantes máis que na última convocatoria. Dende este mércores e até o próximo venres, deberán facer fronte aos nervios para demostrar os seus coñecementos e tirar a mellor nota posíbel en cada exame, da que dependerá a escolla da súa futura carreira universitaria.

As probas comezan cos exames de Lingua e Literatura Española, Historia de España e Historia da Filosofía. Xa pola tarde será a quenda de Lingua Galega e Literatura e Lingua Estranxeira. A nova Selectividade ten cinco materias obrigatorias: ademais de Lingua Española e Literatura, Lingua, Lingua Estranxeira, Historia ou Filosofía (segundo escolla o alumno) e unha materia da modalidade na que estudou o Bacharelato (Artes, Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais). O resto das probas, que se concentran nas xornadas do xoves e o venres, son voluntarias e servirán para subir nota, principalmente se están directamente vencelladas coa carreira que o alumno quere estudar.

O vindeiro venres 25 de xuño, ás oito da tarde, daranse a coñecer as cualificacións provisionais de cada proba. Abrirase entón un período de reclamacións ante posíbeis erros nas correccións.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: