Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGRO-GLAMOUR NO PORRIÑO

Cans quenta motores

Doce curtas, sete producións animadas e catorce videoclips competirán nas diferentes categorías na sétima edición do Festival, que se inicia este mércores.

Redacción - 11:45 18/05/2010
Cans agarda superar os sete milleiros de visitantes do ano pasado

Cans agarda superar os sete milleiros de visitantes do ano pasado

Todo está a punto para que a alfombra vermella de Cans dea acollida ao mellor do audiovisual galego. O Festival chega á súa sétima edición convertido xa nunha das citas máis importantes do sector en Galiza e, a partir deste mércores, O Porriño agarda a chegada de milleiros de visitantes.

Doce curtas, sete producións animadas e catorce videoclips competirán nas diferentes categorías e, ademais, proxectaranse outras 14 pezas dentro da sección Jalpón Friki, no que se amosan as propostas máis innovadoras. No apartado de curtas de ficción, poderemos ver Coser e cantar, de Rubén Riós; Duelo, de Victor Pedreira; Instalación, de Xosé Díaz; O elixido, de Chema Gagino; O 9º principio, de Iván Seoane; Depetrosa, de Senín Porto; A viaxe, de Xosé González Varela; O vendedor do ano de Coté Soler; Xeonllo, de Juanjo Giménez; O aniversario, de Daniel Cid Sánchez; Dies die, de Nani Matos, e Padre Modelo, de Alejandro Marzoa.

Xa na categoría de videoclips, poderemos achegarnos ás apostas musicais de grupos como Fanny+Alexander, os Ruxe-Ruxe, Manos de Topo, Franc3s, ou Novedades Carminha. Finalmente, na sección de animación, poderemos ver: Neggy coñece a Sammy, Pequena gran aventura, A nena que tiña unha soa orella, ANIM 01, Nocturnia de Celanova, Stop e A miña vida nas túas mans.

A maiores, o espectador poderá participar en múltiples e variadas actividades, como o desfile de chimpíns, sesións musicais ou coloquios e roteiros. Velaquí o programa completo:

Mércores 19 de mayo

* Biblioteca Municipal (O Porriño).18.30h. Cans para os pequenos. Proxección de curtametraxes para público infantil. Lelo e as estacións (2010), O soldadiño de chumbo (2009), A flor máis grande do mundo (2007) e O señor dos mosquis (2006)

* Rotonda de Adroza (Cans) 20.00 h. Inauguración do monumento Can de Pedra

* Baixo do Moncho (Cans) 21.00h. Día dos Veciños. Proxección de Cans do futuro, de Juanma Lodo. Presentación do xurado dos veciños. Avance do making of. Actuación das pandereteiras de Cans e Anxo e a súa banda

 
Xoves 20 de maio

Círculo Recreativo e Cultural do Porriño

* 19.00h. Reestrea décimo aniversario de Last Patrol, de Cora Peña

* 20.30h. Desfile de chimpíns con actores e equipo técnico de O mono Paco

* 21.00h. Estrea do documental O mono Paco, de Piño Prego

Bar Tubulart (O Porriño)

* 22.30h. Inauguración da Can Parade (Cans na Raia-Creativa)

* 23.00h. Proxección de videoclips do Norte de Portugal (Cans na Raia-Creativa)

* 23.30h. Concurso de videoclips. Presentado por Ricardo de Barreiro

* 0.30h. Sesión dj con Florent y yo (Los Planetas)

 
Venres 21 de maio

Baixo do Moncho (Cans)

* 11.00h. Cans de Futuro. Sesións para centros educativos

* 16.00h. Proxección de curtametraxes de animación de Portugal, do Curtas Vila do Conde, Festival Internacional de Cinema (Cans na Raia-Creativa): A Cor Negra, Paulo Sousa e Silvimo Fernades; A Meio da Noite, Fernando Saraiva; Annual Report, Cristina Braga; Melodia Amarga, Pedro Moura; e História Trágica Com Final Feliz, Regina Pessoa.

* 17.00h. Cine na Raia, presentación de longametraxes transfronteirizas: Chelo Loureiro con As aventuras de Xoán Sen Medo (Abano Films); Xosé Zapata con Dodu, o neno de cartón (IB Cinema/Sardinha Em Lata) e Eloy Enciso con Arraianos (IB Cinema) (Cans na Raia-Creativa)

* 18.00h. Fillos de Cans, presentacións de longametraxes: Dani de la Torre con Mar Libre (Ficción Produciones); Xosé Zapata con Linko (IB Cinema); Luis Avilés con Retratos (Vaca Films); Juan Galiñanes con Holy Night (Dygra Films); Chelo Loureiro con A tropa de trapo (Abano Films)

* 19.30h. Estrea mundial de Naipe de sangue, o primeiro grelos-western, coa presenza do equipo e de Federico Lafuente (fillo de Marcial Lafuente Estefanía)

* 21.30h. Procesión de chimpíns e cowboys ata o torreiro, acompañada do grupo de bombos Os Zés Pereiras de Fragoso [Barcelos-Portugal] (Cans na Raia-Creativa)

Torreiro de Cans

* 22.00h. Noite de estrea: Presentación dos xurados do festival e do making of da edición 2009

* 22.30h. Entrega de premios do concurso de videoclips e proxección dos videoclips gañadores

* 23.00h. Entrega dos Chimpíns de Prata a Víctor Fábregas e a Moncho Fortes

* 23.15h. Entrega do Premio de honra Pedigree'2010 a Ernesto Chao

* 23.30h. Actuación da Furancho Wester Band, con Silvia Superstar e Elodio

* 0.30h. Concerto de COQUE MALLA

* 2.00h. Sesión DiscoChimpín no Bar A Escola Vella, con Constan Chao


Sábado 22 de maio

Cans (torreiro, salas, leiras e camiños)

* 9.30h. Ruta dos muíños polos camiños de Cans

* 12.00h. Coloquio na leira

* 13.00h. Ernesto Chao coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas

* 13.00h. Sesión vermú coa Banda Municipal de Música

* 15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes (Cans na Raia-Creativa)

* 16.00h. Chegada da procesión ao torreiro de Cans

* 16.15h. Proxección de Botando por fóra na Sala Multiusos. Actuación de regueifa con O Caruncho, B. Lobariñas e Josiño da Teixeira no Jaliñeiro Unplugged

* 16.30h. Inicio das proxeccións nas salas: curtas a concurso e Jalpón Friki

* 17.30h. Presentación de Naturalide Silvestre na Sala Multiusos. Actuación de Roger de Flor no Jaliñeiro Unplugged

* 18.30h. Miradas de Cans: Creus e Carrasco dan a súa visión de Cans e introducen a David Rubín (debuxante). Na Sala Multiusos

* 18.30h. Rock'n'Road: Baldosa Amarilla. Na estrada de Cans (Cans na Raia-Creativa)

* 19.00h. Descanso das proxeccións. Luís Tosar coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas

* 19.00h. Rober Bodegas presenta o libro Novedades, souvenirs, artículos de coña. Na Sala Multiusos

* 19.30h. Concerto de Los Chavales

* 20.30h. Reinicio das proxeccións

* 20.30h. Rock'n'Road: Santos Morcegos. Na estrada de Cans. (Cans na Raia-Creativa)

* 20.30h. Juan Lesta e Belén Montero presentan 'Iconoscopio'. Na Sala Multiusos

* 21.15h. Iván Ferreiro presenta o proxecto audiovisual 'Picnic extraterrestre. La serie'. Na Sala Multiusos

* 22.00h. Presentación de La habitación de Felucas na Sala Multiusos. Actuación de Sr. Anido no Jaliñeiro Unplugged

* 22.00h. Proxección de Naipe de sangue, no Jalpón Friki

* 23.00h. Fin das proxeccións

* 23.30h. Entrega de premios no torreiro

* 0.00h. Concerto de DI ELAS

* 1.30h. Sesión DiscoChimpín con Rober Bodegas

 
Mércores 26 de maio

Bar Liceum (O Porriño)

* 22.00h. Proxección das curtas gañadoras


Ligazóns

5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Preparando o festival: traslado das caixas que fan de patas de banco
Preparando o festival: traslado das caixas que fan de patas de banco
Jalpón multiusos
Jalpón multiusos
Alfombra vermella / Imaxes: facebook
Alfombra vermella / Imaxes: facebook