Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Homenaxe musical

'Sons nús', Novoneyra e "o reino do calado"

Non será até este martes cando se presente o disco co que Baldo Martínez e Maite Dono musican poemas do courelao. Aquí podes escoitar un avance.

Redacción - 10:45 17/05/2010



Sons-nús, é un dúo que xunta a voz de Maite Dono e o contrabaixo de Baldo Martínez. Jazz, folclore, libre improvisación... Un peculiar proxecto sonoro e interpretativo. A voz cantada ou falada (utilizando a poesía como vía: Uxío Novoneyra, a propia Dono, etc.) "pode viaxar do coñecido ó descoñecido, e o contrabaixo, tamén nesa viaxe de risco, perfila música e expresión de todo o conxunto".

Este martes 18 de maio ás 12 horas terá lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega a presentación do seu CD “Sons-nús”, dedicado a Uxío Novoneyra, autor dalgúns dos poemas musicados. Intervirán na mesa: : Baldo Martínez, Maite Dono, Uxía Senlle, Branca Novoneyra e Miguel Anxo Fernán Vello. Haberá unha pequena actuación musical durante o acto.


"Devezo de espir, á beira do río, da verea soñada, da cidade inqueda, devezo de espir. Máis un á espreita, sempre ao asexo do ar, do que se despendura do íntimo. Contrabaixo e voz. O reino do calado. Chámase. Optamos así, porque só así non sabemos; e é este descoñecemento profundo e aterrador o compás da viaxe. Sons-nús para dar de comer á res ampla do silencio. Sons-nús sen varanda e con vertixe. Contrabaixo e voz. O reino do calado. E o Uxío con nós. Da súa mao o carnabudo, a loaira, o ucedo, o couso do lobo. O Uxío con nós, e recúa o medo (...)"


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: