Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VOCES EN MOVEMENTO

Día das Letras para non perdérmonos

A poeta nova Alba Cid preséntanos tres dos seus premiados poemas para render o seu particular tributo a Uxío Novoneyra.

Isabel G. Couso - 11:00 12/05/2010

'Aparto as ruínas e preséntome
como a escultura que se deixou morder de ferruxe

como o pexegueiro que aceptou a arañeira entre as pólas
Eu tamén me perdín ao desandar
o vieiro de frangullas imsomnes
-un remake de Hansel e Gretel-'

Alba Cid (Ourense, 1989) é a poeta máis nova de todas as Voces en Movemento do Especial das Letras 2010 de Vieiros. Vizosa, a súa poesía achéganos a clave para non perdérmonos, para -coma ela- deixarnos facer polo idioma, en canto queira empregar as súas artes con nós. Estudante de terceiro de Filoloxía Galega, Alba xa conta no seu currículo poético con premios como o Ánxel Casal, o Rosalía de Castro de Cornellá ou o Galiza Crea, entre outros. Preséntanos, en homenaxe a Uxío Novoneyra, tres composicións publicadas nos diferentes poemarios que viron a luz grazas aos galardóns recibidos: Versomancia, O tempo das Aciñeiras e Visaboa.


Podes volver ler aquí os Especiais das Letras dos últimos anos:





5/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: