Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 8 ao 11 de xuño agárdanse 100 mil visitantes

Ortigueira 2010: cen horas de festa cunha ducia de suxestións musicais

A Anxo Lorenzo band, Marful, Cristina Pato, Oysterband, Gaelic Storm, Shooglenifty e Celtas Cortos, cabezas de cartel da XXVI edición.

Redacción - 18:00 27/04/2010

Declarada festa de interese turístico internacional, o Festival de Ortigueira acaba de presentar cartaz para a súa XXVI edición. A música galega estará representada desta volta por tres formacións que chegan con recente estrea de traballo discográfico. Por un lado, Marful, dos que esta mesma semana coñeciamos avance en forma de videoclip: Pasodoble universal. A maiores a banda do gaiteiro moañés Anxo Lorenzo e por último a Galician Connection de Cristina Pato, álbume co que xa percorre o mundo a gaiteira ourensá. Ademais, haberá pegada galega tamén no apartado reservado para os grupos que queren pegar o salto ao coñecemento do gran público, a cita habitual no chamado escenario Runas.

Segundo explicaron os organizadores este martes na presentación da nova edición, é un avance do que será o festival "no futuro" e que para o día de inicio, o xoves 8 de xullo reservará unha noite adicada ao folk-rock. No escenario estarán esa noite os bretóns Krêposuk; os casteláns Celtas Cortos e o grupo británico Oysterband. Os tres por primeira vez en Ortigueira. E pendentes aínda de posíbeis novas incorporacións ao cartel definitivo, confírmase tamén a presencia dos escoceses Shooglenifty e dos irlandeses The Bothy band tribute.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: