Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Manifesto conxunto de realizadores lusos

O cinema portugués reclama "intervención de emerxencia" para evitar unha "catástrofe" no sector

Advírtenlle ao Ministerio de Cultura que malia que o cinema portugués está nun momento de éxito e vitalidade creativa "nunca estivo tan ameazado".

Redacción - 12:10 12/03/2010
O centenario e prestixioso Manoel de Oliveira encabeza o manifesto dos directores  portugueses

O centenario e prestixioso Manoel de Oliveira encabeza o manifesto dos directores portugueses

"O cinema portugués ten hoxe en día, malia a parálise, cando non hostilidade, dos poderes públicos, un indiscutíbel prestixio internacional". Así o subliñan nun manifesto conxunto un feixe de directores de cinema portugueses, con Manoel de Oliveira á cabeza e que asinan tamén realizadores como Fernando Lopes e Bruno de Almeida e media ducia de coñecidos produtores á outra beira do Miño.

A misiva dirixida ás administracións, e especificamente ao Ministerio de Cultura, pilotado pola socialista Gabriela Canavilhas, advirte de que malia o éxito internacional das producións lusas, o cinema portugués vive "baixo ameaza de paralización e asfixia financeira". Os cineastas chaman a atención sobre o feito de que durante a última década os fondos investidos no sector "non deixan de diminuír", cun descenso acumulado no seu financiamento de máis do 30%. Entre as reclamacións concretas está a normalización do chamado Fundo de Investimento para o Cinema e Audiovisual (FICA) no que consideran debe ser unha "intervención de emerxencia" para evitar a "catástrofe" no sector.

Na rede poden consultar o Manifesto pelo Cinema Portugués.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: