Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día Internacional da Muller Traballadora

Cen anos celebrando, toda unha vida loitando

Velaí o lema da Marcha Mundial das Mulleres para esta xornada, subliñando que "queda moito por facer para conseguir unha Galiza e un mundo máis igualitario".

    Redacción - 11:25 08/03/2010

    Aínda hoxe as mulleres gañan un 27% menos que os homes por igual traballo, só un 1% das terras agrícolas é propiedade de mulleres, e só 11 páxinas de 2.313 son adicadas totalmente ao deporte feminino na prensa da Galiza, entre outras moitas desigualdades da sociedade actual. Foron algúns datos lembrados esta fin de semana por Pilar Neira, Xeila González e Mariola Mourelo. Falaron no acto convocado pola Marcha Mundial das Mulleres e en representación da comisión do 8 de marzo que forman Acsur Galiza, Cafés Feministas, Comisión de Xénero da coordinadora galega de ONGDS, Marcha Mundial das Mulleres da Coruña, MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas), Nomepisesofreghao, Recdeiras, Transmaribolheras precárias e Trocamundo.

    Insistiron no carácter participativo que debe ter a celebración desta xornada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, lembrando que "queda moito por facer para conseguir unha Galiza e un mundo mais igualitario". Para este luns esta prevista a festa baixo o lema '100 anos celebrando, toda unha vida loitando'. Os actos teñen lugar desde as 12h da mañá e continuarán durante todo o día ata as 20h30 nas que se fecha a xornada coa lectura do manifesto deste ano. A programación constará de diversas proxeccións audiovisuais co tema común das mulleres, accións reivindicativas e exposicións entre outros sobre os dereitos laborais, as mulleres deportistas, paz e antimilitarismo e dereitos sexuais e reprodutivos.


    Ligazóns

    4,33/5 (6 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: