Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Freo á danza

O Centro Coreográfico segue sen dirección, sen programación e sen sede

O Bloque achegou unha iniciativa parlamentar onde advirte de que a parálise da entidade obstaculiza o desenvolvemento do sector.

Redacción - 09:45 03/03/2010
"Giseliña", a última produción do CCG

"Giseliña", a última produción do CCG

O crecente potencial da danza galega sofre desde hai meses dun inesperado obstáculo. O empuxe e a visibilidade que arredor do Centro Coreográfico Galego (CCG) demostrara o sector nos últimos anos quedou freado cando a até daquela directora, Natalia Balseiro, foi destituída. Desde entón, a Axencia Galega das Industrias Culturais anunciou en varias ocasións a inminencia da convocatoria do concurso para a elección de novo responsábel. Mais a día de hoxe isto aínda non sucedeu.

O asunto chegou este martes ao Parlamento da man da deputada nacionalista Ana Pontón, quen presentou unha iniciativa parlamentar na que denuncia a situación de "parálise" pola que pasa o centro, que nin sequera ten nesta altura programación prevista para o primeiro semestre deste ano Xacobeo. Recordou Pontón que a creación do CCG supuxo un importante punto de inflexión para a danza en Galiza, contando á fin cun inédito apoio institucional, estimulando a produción propia e a consolidación das compañías existentes, as coproducións e as convocatorias de artistas en residencia. Un traballo que corre risco de esmorecer na actual situación. "Existe un grande potencial no ámbito da danza en Galiza", subliña a deputada do BNG. O Bloque recorda ademais que está pendente a construción da nova sede do CCG, paralizada desde o cambio de goberno malia a existencia dun convenio co Ministerio de Cultura.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: