Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Detencións "preventivas" e expulsións "express"

O Ministerio de Interior teima na circular que "criminaliza" a inmigración

Asociacións de inmigrantes e sindicatos policiais critican unha medida do goberno español que "trata os inmigrantes como delincuentes".

Redacción - 12:55 10/02/2010
O departamento de Rubalcaba remítese á 'lei Corcuera' como aval da medida

O departamento de Rubalcaba remítese á 'lei Corcuera' como aval da medida

O Foro Galego de Inmigración denunciou en tempos recentes o que considera un continuo incremento da "presión e persecución policial" contra as persoas inmigrantes. E esta semana recupera a queixa a conto da recente circular remitida polo Ministerio de Interior e asinada polo Comisario Xeral de Estranxeiría e Fronteiras que incluiría "ordes secretas para a expulsión express de inmigrantes".

O documento orixinou reaccións similares en todo o Estado e diversas asociacións de inmigrantes e de defensa dos dereitos civís pronunciáronse criticamente sobre unha decisión que autoriza a "detención preventiva" de inmigrantes. "Trátanos como delincuentes infrinxindo os dereitos constitucionais de trato igualitario", coinciden en censurar diversos grupos. Do mesmo xeito, colectivos policiais, pronunciáronse tamén nos mesmos términos.

Así por exemplo, o Sindicato Unificado da Policía (SUP) anunciou que recorrerá nos tribunais esta orde por entender que relaciona inmigración e delincuencia. Alén de esixir que se retire, o SUP recoméndalle aos seus asociados que non cumpran esta norma. Advirte ademais a SUP que se abre un burato para favorecer prácticas policiais que poden afectarlle a calquera cidadán e que "vulnera dereitos civís" poñendo en risco ademais a seguridade xurídica na actuación policial. Denuncian a maiores a "hipocrísía política" dun goberno español ao que acusan de manter un discurso político "en sentido contrario ao que lle ordenan aos policías". Mentres, o Ministerio do Interior facía pública a última hora unha nota onde se reafirma na motivación da circular e asegura que se axusta estritamente á legalidade.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: