Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
ENTRE OS SEUS LOGROS A DESCENTRALIZACIÓN DA CULTURA

Farruco Sesto reasume o Ministerio de Cultura

O ex ministro de Cultura e tamén de Vivenda, e na actualidade encargado da ALBA Cultural, Farruco Sesto, foi nomeado polo presidente venezuelano, Hugo Chávez, como ministro de Cultura.  

Xurxo Martínez Crespo - 10:42 03/02/2010

Farruco Sesto sustitúe no cargo a Héctor Soto. No acto tamén foi nomeado  Alejandro Fleming como ministro de Turismo en sustitución de Pedro Morejón.   O presidente Chávez confirmou a designación de ambos no momento da xuramentación de Elías Jaua, ministro de Agricultura, como vicepresidente da República. 

No acto de juramentación do vicepresidente executivo da República Bolivariana de Venezuela, Elías Jaua Miñato, desde o Teatro Teresa Carreño, o xefe de Estado saudou aos membros do seu Goberno, presentes no acto.

Temos aquí dous novos ministros designados o día de onte (segunfa feira 1° de febreiro). Para o Ministerio de Cultura, o ministro Farruco Sesto, aí témolo. Está connosco aquí no gabinete o novo ministro de Turismo, Alejandro Fleming”, expresou.

O presidente Chávez ratificou o seu respaldo aos novos integrantes do Goberno, incluíndo ao recentemente designado Carlos Mata Figueroa, ministro da Defensa e Alejandro Hitcher, quen asumiu o cargo de Ministro de Ambiente.

Para eles todo o éxito e todo o noso apoio”, destacando tamén o traballo levado a cabo polo exvicepresidente Ramón Carrizalez e a súa esposa, Yubirí Ortega, ex ministra do Ambiente, malia os rumores sobre a mala relación dos dimitidos co presidente venezuelano.

“Para eles pido un recoñecemento especial, porque foron bos amigos, bos compañeiros, dedicados ao seu traballo
”, comentou o mandatario.

Farruco Sesto estivo anteriormente á fronte do Ministerio del Poder Popular para la Cultura e tamén foi ministro de Vivenda e Hábitat. Alejandro Fleming era viceministro de Relacións Exteriores para Europa.

Parabens para o novo vicepresidente primeiro do Goberno, Elías Jaua. Desexámoslle moita sorte. Pido a todos que colaboremos con Elías, porque ten sobre os seus ombros unha gran tarefa, unha gran responsabilidade”.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: