Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Bitácora desde o cárcere

Chicass10, mulleres intramuros candidatas aos premios Fundatec

A iniciativa en rede da "Asociación de Mulleres Nosotras Intramuros" segue obtendo atención e recoñecementos.

Redacción - 10:30 16/01/2010

"Queremos que se nos oia ás mulleres que estamos ou estivemos nos módulos 9 e 10 do centro penitenciario de Teixeiro e, ao tempo, é un proxecto didáctico para exercer o dereito á información e a unha certa liberdade de expresión desde dentro do cárcere". Así o recolle o cabeceiro da bitácora Chicass10, que engade: "Gustaríanos que as novas tecnoloxías servisen para abrir portas, cruzar os muros e facer posíbel a reinserción na sociedade do coñecemento global".

O proxecto é un dos doce finalistas dos Premios Fundatec 2009, que recoñecen o labor de entidades, públicas ou privadas, que impulsan o desenvolvemento da sociedade da información e o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) por parte de cidadáns e pemes. Nesta convocatoria recibíronse un total de 163 candidaturas. Destes doce finalistas sairán os catro gañadores, elixidos por un xurado composto por personalidades de recoñecido prestixio no ámbito da sociedade da información, os nomes da cal se coñecerán durante a entrega de premios, que se celebrará o xoves 28 de xaneiro en Madrid e se emitirá vía web a través de 'www.premiosfundetec2009.com'.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: