Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CAMBIOS NA CASA DA LINGUA

A dez días da elección, Méndez Ferrín é o único candidato á presidencia da RAG

A Academia convocou o plenario extraordinario para o 23 de xaneiro. Os posíbeis rivais terían que formalizar unha alternativa antes do día 21.

Redacción - 16:53 13/01/2010

A Real Academia Galega non quere alongar a vacante na súa presidencia. Aínda que o prazo de intineridade na institución podería chegar até o mes de marzo, a directiva decidiu convocar o plenario extraordinario de elección para o vindeiro 23 de xaneiro. Até o momento, só Xosé Luís Méndez Ferrín, avalado polo anterior presidente, Xosé Ramón Barreiro; o profesor Xosé Luís Axeitos; e o catedrático Ramón Lorenzo, ten formalizada xa unha candidatura.

Aínda que os estatutos permiten a presentación de alternativas até 48 horas antes do cónclave, son poucos na Academia os que agardan unha sorpresa. A razón principal é que semella que arredor do escritor de 'Crónica de Nós' hai conformada xa unha maioría suficiente.

O propio secretario da RAG, Manuel González, subliñaba este mércores en declaracións a Europa Press que Méndez Ferrín é un “bo candidato” e salientou como dato importante o feito de que conte co “aval” do anterior presidente da Academia.

O proceso de elección comezará ás 12 horas do día 23. Para resultar elixido na primeira votación, o futuro presidente precisa obter a maioría absoluta. De non ser así, unha maioría simple sería suficiente nunha segunda votación.


4,61/5 (33 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fontes da Academia consultadas por Vieiros, ven pouco probábel unha candidatura alternativa á de Ferrín
Fontes da Academia consultadas por Vieiros, ven pouco probábel unha candidatura alternativa á de Ferrín