 
Para abrir o ano movendo as canelas, velaí unha ecléctica selección de músicas de libre descarga.
 
											Coa Kyoto Melody da portuguesa Orquestra Paio Pires ábrese a escolma musical que, coa axuda dos seus redeoíntes, aquelou o C'mmons Baby, falangullo de referencia no blogomillo.    
   
  Seremos Cajeras, de Novelle Cuisine; I will not fall, de Celebration; Fado do bolo alimentar, de João Coração; Generikum, de Rupert Falsh; Disco es tu, de Leite de nai... Son en total 24 pezas as seleccionadas polo ictioscopio en colaboración cos internautas. Lembrámoslles que o C'mmons Baby fixo o pasado novembro o seu segundo aniversario na rede dando conta de músicas distribuídas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto