Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Estudos europeos en galego-portugués

A Universidade Aberta de Lisboa ábrelle as portas ao estudantado galego

Un protocolo asinado coa Academia Galega da Língua Portuguesa inclúe, ademais, a promoción da cultura de Galiza alén Miño a partir de 2010.

Redacción - 14:00 14/12/2009
Carlos Reis, na entrevista concedida á AGLP

Carlos Reis, na entrevista concedida á AGLP

O estudantado galego poderá acceder á oferta de ensino a distancia da Universidade Aberta (UAb) de Lisboa a partir do vindeiro curso. Un protocolo de colaboración e apoio recíproco asinado entre a institución académica portuguesa e a Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) fará posíbel, ademais, que se fomente a cultura galega alén Miño.

O anuncio confirmouno o reitor da Universidade Aberta, Carlos Reis, nunha entrevista publicada pola AGLP e mais no Portal Galego da Língua, onde tamén se anuncia a posíbel apertura dun ou de dous centros locais de aprendizaxe da UAb en Galiza -posibelmente en vilas pequenas, como acontece no país veciño- e a posíbel entrada, algún día, de Galiza na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

Segundo explicou o secretario da AGLP, Ângelo Cristóvão, a súa institución comprométese a difundir a posibilidade de que os galegos poidan realizar estudos superiores en portugués a través da UAb. Así, sinalou que a oferta ten como principais destinatarias persoas que, por estaren traballando, non poden asistir fisicamente á universidade, e permite seguir os cursos a través da internet, con contidos actualizados e adaptados a Boloña, nunha lingua "asumíbel a todos os galegos".

Aínda que as persoas que xa se amosaron interesadas en matricularse na UAb non poderán facelo até xuño de 2010, xa a comezos de ano poderán participar en actividades de fomento da cultura galega en Portugal organizadas pola AGLP e co apoio da universidade a distancia, que aínda están por definir, explicou Cristóvão. Anunciou tamén que antes de final de ano editaranse dous DVD con entrevistas ás persoas que interviñeron no Seminário de Lexicologia da AGLP, que tivo lugar o 5 de outubro, e que se van publicando semanalmente na web da Academia.


4.67/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: